Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Viernes, 18 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Chus Garrote pide unha gran mobilización “para reclamar a circunvalación”

A tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, manifestou ante os medios de comunicación que "a súa lealdade está cos veciños de Ponteareas" e por iso está "en disposición de apoiar as mobilizacións necesarias para reclamar a variante e as obras de seguridade na N-120”.

 

A socialista sinala que a unidade é a vía lexítima e de dignidade ante un problema que se prolonga desde hai 20 anos. “O meu lugar está cos intereses dos veciños e veciñas de Ponteareas. Eles son os que me votaron e non me interesan nada as confrontacións partidistas”.

 

Ante esta situación, Chus Garrote anuncia tamén que leva mantido contactos con varios membros do Partido Socialista para solicitar unha reunión urxente en Madrid. Unha reunión que espera sexa beneficiosa para os intereses de Ponteareas.

 

Por outro banda, Chus Garrote, sentencia que ela e o PSOE de Ponteareas queren a variante de Ponteareas “custe o que custe”. Neste senso, Garrote, sinala que os orzamentos do 2018 poñían 21 millóns de euros como podían por 200 millóns polo simple feito de  que, segundo a candidata socialista, “que quen tiña o goberno desde Madrid ou desde a Xunta, nunca moveu un papel para que a circunvalación fose unha realidade”.

 

Ademais, Chus Garrote sinala que a súa vocación é a unidade dos Ponteareas. “Eu non vexo partidos políticos, eu vexo as persoas. A min o que me move é defender os intereses dos meus veciños e veciñas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.