Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 21 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Primeira condea por abusos bancarios en Gondomar


O xulgado de primeira instancia nº9 de Vigo, ven de condear nunha rotunda e escueta sentencia os abusos cometidos por unha entidade bancaria de Gondomar, na emisión de produtos bancarios.


Esta é a primeira sentencia de varias pendentes enviadas dende Gondomar, "na que varios veciños de boa fe confiaron nos falsos datos achegados polo banco" explican dende Manifesto Miñor.


O rotundo fallo, estima integramente a demanda e declara a nulidade relativa, por erro, do contrato de compra de acciones de data 2/6/2016 suscito entre as partes.


Tamén obriga a restituír ao demandante unha suma de varios milleiros de euros, e tamén os intereses dende a data da compra das accións. Por último fai expresa condena de costas á parte demandada,isto é, ao banco.


Dende Manifesto Miñor, aseguran nun comunicado que continúan a defender "aos veciños contra todo tipo de atrópellos das grandes entidades financeiras contra dos clientes que de boa fé acreditan na verosimilitude dos datos que lles achegan". Aínda nestes últimos días teñeb tramitado varias máis, "e poñémonos a disposición para asesorar aos veciños e para tramitar novas demandas de persoas perxudicadas por este tipo de produtos bancarios tóxicos, todo aquel que queira pode porse en contacto con nos en manifestomihor@gmail.com".

 

Cláusulas chan
Por outra banda  xa se celebrou o xuízo polas cláusulas chan, no que moitas persoas de Gondomar se uniron a demanda colectiva da Asociación de consumidores de Galicia. Hai varios meses que están en espera da redacción da sentencia, que dende Manifesto Miñor, considrean "vai ser positiva para os intereses dos veciños de Gondomar".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.