O PORRIÑO
Porriño levará a Pleno unha modificación para ampliar en 500.000€ a Axuda Domiciliaria
O Goberno local do Porriño levará ao Pleno da Corporación para a súa aprobación unha modificación orzamentaria cunha ampliación de 500.000€ no capítulo da Axuda Domiciliara Municipal que, coma salienta a alcaldesa, “pasaría de 300.000 a 800.000€ este ano 2019”.
Eva García de la Torre indica que este incremento estaría destinado a acabar coas listas de agarda, faría posible aumentar o número de horas de atención ás persoas que o precisan e afrontaría, tamén, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900€, aprobada polo Goberno de España.
García de la Torre lembra que o orzamento destinado aos Servizos Sociais do Concello máis que duplicouse durante o seu mandato e sinalou que nos orzamentos de 2018, os primeiros que se aprobaran pola Corporación dende 2012, houbo xa unha suba de 600.000€ en benestar e servizos sociais, “inédita na historia recente do Porriño”-ata chegar a 1.300.000€-.
Máis as aportacións do Plan Concellos da Deputación
A alcaldesa subliña que estas cantidades haberá que engadir as aportacións que contempla para O Porriño o ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra, que será maior que o ano pasado cando o Concello do Porriño recibiu preto de 100.000 € para cohesión social e outros case 160.000€ para fomento do emprego e igualdade.
‘Cero euros’ da Xunta de Galicia
Eva García de la Torre lamenta que, neste eido, "non haxa achegas da Xunta de Galicia para O Porriñ" que nos seus orzamentos para 2019, “maila a que ten as competencias exclusivas en Benestar”, un “abandono” que se suma aos “cero euros para afrontar outros problemas e demandas das veciñas e veciños coma a contaminación por lindano ou unha nova gardería”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11