MOS
Medio Ambiente adxudica máis de 2.000 m2 de solo empresarial bonificado en Mos
Imaxe do Parque Empresarial da Veigadaña en Mos / Archivo Xornal21
Con esta nova asignación elévanse a máis de 100.000 os metros cadrados de solo empresarial consignados en Mos con bonificacións de prezo e adxudicados en dereito de superficie
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou unha parcela de solo empresarial, con prezo bonificado, no parque empresarial da Veigadaña, no Concello de Mos.
O Consello de administración da empresa pública Xestur vén de adxudicar unha parcela de 2.127 metros cadrados do parque empresarial de Mos, cun prezo de venda de 241.201,80 euros despois de aplicar unha bonificación de máis de 103.000 euros.
Grazas as bonificacións no prezo do solo empresarial aplicadas pola Xunta e á adxudicación en dereito de superficie, no parque empresarial de Mos adxudicáronse máis de 104.000 metros cadrados de solo empresarial.
Dese total, preto de 19.000 corresponden a parcelas adxudicadas en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias so pagan un canon anual reducido do 1,5 por cento do prezo de venda das parcelas nos dous primeiros anos. O canon pasa ao 2,5 por cento no terceiro e cuarto ano e ao 3,5 por cento no quinto e sucesivos, tendo as empresas a posibilidade de mercar as parcelas, con descontos no prezo de venda durante os dez primeiros anos da adxudicación.
Polo que respecta ao solo adxudicado en compravenda, supera os 84.000 mil metros cadrado, con bonificacións por importe de preto de catro millóns de euros e un prezo de venda, unha vez descontada a bonificación, de 9,1 millóns de euros. A bonificación aplicada no prezo das parcelas do parque empresarial de Mos é do 30 por cento.
Imaxe do Parque Empresarial da Veigadaña en Mos / Archivo Xornal21A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou unha parcela de solo empresarial, con prezo bonificado, no parque empresarial da Veigadaña, no Concello de Mos.
O Consello de administración da empresa pública Xestur vén de adxudicar unha parcela de 2.127 metros cadrados do parque empresarial de Mos, cun prezo de venda de 241.201,80 euros despois de aplicar unha bonificación de máis de 103.000 euros.
Grazas as bonificacións no prezo do solo empresarial aplicadas pola Xunta e á adxudicación en dereito de superficie, no parque empresarial de Mos adxudicáronse máis de 104.000 metros cadrados de solo empresarial.
Dese total, preto de 19.000 corresponden a parcelas adxudicadas en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias so pagan un canon anual reducido do 1,5 por cento do prezo de venda das parcelas nos dous primeiros anos. O canon pasa ao 2,5 por cento no terceiro e cuarto ano e ao 3,5 por cento no quinto e sucesivos, tendo as empresas a posibilidade de mercar as parcelas, con descontos no prezo de venda durante os dez primeiros anos da adxudicación.
Polo que respecta ao solo adxudicado en compravenda, supera os 84.000 mil metros cadrado, con bonificacións por importe de preto de catro millóns de euros e un prezo de venda, unha vez descontada a bonificación, de 9,1 millóns de euros. A bonificación aplicada no prezo das parcelas do parque empresarial de Mos é do 30 por cento.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104