GALICIA
Esther Pedrosa, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
Coñeceremos a persoa que a descubriu cando aínda era unha nena, falaremos co seu adestrador, e indagaremos na dura vida que rodea a unha deportista de élite e o seu día a día
Nesta segunda entrega de “Hoxe con Manquiña” ficamos en Santiago de Compostela para coñecer a faciana máis íntima e persoal de toda unha deportista de élite, a atleta Esther Pedrosa.
Coñeceremos a persoa que a descubriu cando aínda era unha nena, falaremos co seu adestrador, e indagaremos na dura vida que rodea a unha deportista de élite e o seu día a día. Para iso preparamos un programa cheo de sorpresas e de encontros que nos dará moitos máis motivos para seguir admirando a esta atleta galega que segue competindo ao máximo nivel. Cun ritmo nada doado de seguir, Esther Pedrosa falaranos das súas armas: paciencia, constancia e sobre todo actitude.
Será a educación que levou sempre rodeada de nenos o que fixo desta atleta o que é hoxe? Quen a descubriu? Cal foi a súa primeira carreira? Cantas medallas de ouro gañou? Como compaxinou a súa vida como atleta coa súa faciana como nai? Este domingo, a faciana máis descoñecida de Esther Pedrosa na Televisión de Galicia, unha muller que non se amedrenta por nada, capaz a día de hoxe de seguir correndo e competindo a un gran nivel.
O programa, producido por Ézaro Films, emitirase na Televisión de Ga- licia (TVG) ás 23.40 horas
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116