Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 18 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación impulsa a adhesión dos concellos ao servizo de protección de datos

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción polo “rotundo éxito” acadado nos programas do eido das novas tecnoloxías impulsados dende que comezou a lexislatura

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou en rolda de prensa que dende a institución provincial se está a impulsar as adhesións dos concellos da provincia a dous “proxectos vangardistas” impulsados pola institución provincial, como son o servizo de asistencia en materia de protección de datos, pioneiro en Galicia, e o xeoportal IDEPO, a Infraestrutura de Datos Espaciais da Provincia de Pontevedra. “Dende que comezou a lexislatura, o goberno provincial está a avanzar cada vez máis en materia de novas tecnoloxías, acadando resultados moi positivos e dun éxito absoluto”, asegurou Silva.

 

Máis polo miúdo, o servizo de protección de datos para entidades locais ten como finalidade axudar aos concellos de menos de 50.000 habitantes na implantación das medidas necesarias para adecuarse ao Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea e da Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.  En concreto, tal e como informou a presidenta provincial, “vaille facilitar ás entidades adheridas a elaboración do rexistro de tratamentos de datos de carácter persoal, a revisión da licitude dos tratamentos e das bases xurídicas que o sustenten, así como analizar os riscos dos tratamentos e avaliacións de impacto na privacidade”.

 

Pola outra banda, a nova Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) integra nunha única base de datos toda a información xeográfica que dispón a administración local mediante o xeoportal web IDEPo, potenciando así o goberno aberto e a transparencia. Esta plataforma dispón dunha área pública e dunha área privada, que é á que se teñen que adherir as entidades locais para ter acceso.  Neste eido, Carmela Silva fixo fincapé na utilidade da área privada para os concellos, ao proporcionarlle “información propia das súas infraestruturas, así como xerar automaticamente os informes dos bens municipais ou unidades de servizos prestados a partir dos datos almacenados na plataforma”.

 

Amais, a presidenta da Deputación aproveitou para facer balance das iniciativas postas ao longo da lexislatura no eido das novas tecnoloxías. Concretamente Silva referiuse ao programa SmartPeme, ao servizo de administración electrónica para os concellos, ao padrón municipal e ao servizo de impresión e dixitalización para entidades locais.

 

No que respecta a SmartPeme, a presidenta destacou que “o proxecto deu un xiro espectacular dende que comezou a lexislatura” e fixo fincapé “na paridade total que hai entre o persoal asesor do proxecto”, cumprindo cun dos compromisos que sustentan o goberno provincial, a igualdade. Tamén destacou Silva que no 2018 preto de 2.400 profesionais participaron nas actividades semanais de capacitación, un 3% máis que o ano anterior, e máis de 1.700 pemes e persoas autónomas e emprendedoras participaron no servizo de asesoramento, un 15% máis con respecto ao ano anterior. Dentro deste programa, Silva puxo en valor o lanzamento da primeira aceleradora TurisTIC e anunciou a celebración da segunda xornada TurisTIC de Pontevedra, que se desenvolverá  entre marzo e abril.

 

Para rematar, a presidenta da Deputación destacou que no servizo de administración electrónica están adheridos “un total de 53 concellos, 4 mancomunidades e 3 entidades locais menores”. Ademais, ao longo do 2018, formáronse 2.324 empregados e empregadas públicas e 758 cargos públicos. En canto ao servizo de padrón municipal, son 31 concellos os adheridos e no servizo de impresión e dixitalización para as entidades locais da provincia sumáronse, tamén, 31 concellos e unha mancomunidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.