Provincia
Regades considera “obxectivos de inversión realistas” os orzamentos do Estado para Galicia
Paula Fernández será a coordinadora do comité electoral provincial do PSDEG
Paula Fernández, Vicesecretaria Xeral do partido na provincia, foi nomeada este venres coordinadora do Comité Electoral Provincial de cara as próximas eleccións municipais. A ex alcaldesa de Silleda foi elixida polos compañeiros da Executiva Provincial para este cometido por unanimidade á proposta do Secretario Xeral, David Regades.
Regades destacou “a ampla valía e traxectoria política” de Fernández para desenvolver estas funcións, nas que estará acompañada polo resto de membros da executiva, unha decisión que busca ampliar a pluralidade e dinamismo deste órgano.
“Imos conseguir máis alcaldesas e alcaldes na provincia de Pontevedra”, asegurou Regades, que se mostrou tamén seguro de que o Partido Socialista vai ser “a primeira forza” tanto a nivel de votos como en deputados provinciais.
“O noso obxectivo é presentar candidatos nos 61 concellos da provincia”, asegurou o secretario xeral. Nas anteriores municipais as e os socialistas quedaron a tres concellos de conseguir o pleno: en Agolada, Dozón e Portas non se conseguiu confeccionar candidaturas. Regades anunciou que neste momento estase a traballar na configuración das mesmas, esperando poder anuncialas todas “entre mediados e finais de marzo”.
Valoración dos Orzamentos Xerais do Estado
O Secretario Xeral quixo tamén valorar os Orzamentos Xerais do Estado presentados polo Goberno de Pedro Sánchez. “Son uns orzamentos cun gran contido social”, asegurou Regades, que celebra tamén a subida das pensións, “unha reclamación histórica de Pontevedra e Galicia” que afectará a máis de 675.000 galegos, así como a recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, que supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas.
O secretario xeral dos socialistas pontevedreses quixo pór en valor algunhas das inversións consignadas nos orzamentos, como “a chegada do AVE directo á nosa provincia por Cerdedo”, que se leva 0,5 millóns dos presupostos, a mellora do sistema de navegación aérea do aeroporto de Peinador, cun importe superior aos 4 millóns de euros, ou os case 30 que se van investir nos tres portos que dependen do Estado na provincia: o de Vigo, o de Marín e o de Vilagarcía.
“Trátase duns orzamentos realistas”, asegurou Regades, “no que veñen reflexadas inversións reais” en detrimento do que facía o PP, que no 2016 deixou un 59% do presupostado sen exectuar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151