Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán aproba o asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos

O Concello de Nigrán deu luz verde en Xunta de Goberno ao asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira. As obras de pavimentación, que poderán comezar en dous meses e cuxo prazo de execución máximo é doutros dous  meses, realizaranse nos camiños Fonte Santa, Candosa, Lodeiro, Sixón, Touza, Seixo, Cruceiro, Piñeiro, Lameiro, Sobral, Rotea, Baleazas e Camiño das Pedras.

 

"Trátanse todos eles de camiños en mal estado, moi transitados, e que precisan de xeito prioritario ser asfaltados; existe unha débeda histórica co mantemento dos camiños no rural de Nigrán e dende o goberno local estamos a traballar para saldala", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que no plan de asfaltados 2018 renovouse o firme de outras 14 rúas de todo o municipio por importe de 108.900 €, sumándose nos últimos tres anos 383.000 € do Concello só para plans de pavimentación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.