Provincia
Educación programa ata 2021 obras en 13 centros educativos da provincia
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informa que ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. O investimento previsto para estas actuacións ascende a preto de 15 millóns de euros.
O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Educativas ata o ano 2021 contempla a execución de 9 actuacións de obra nova (construción, ampliación e reformas importantes), na provincia, ás que se destinarán máis de 12,7 millóns de euros. Neste apartado cómpre salientar a construción do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo), ademais das seguintes obras:
Concello
Actuación
Orzamento estimado
A Estrada
Ampliación IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
500.000
As Neves
Muro do IES Pazo da Mercé
169.408
Caldas
Ampliación IES Plurilingüe Aquis Celenis
1.400.000
Pontevedra
3ª fase CIFP Carlos Oroza
400.000
Salvaterra
Ampliación talleres IES de Salvaterra de Miño
1.500.000
Sanxenxo
Novo CEIP de Vilalonga
4.160.000
Tomiño
Ampliación IES Antón Alonso Ríos
1.500.000
Tui
Novo CEIP Pazos de Rei
2.600.000
Vigo
Pavillón e talleres CIFP Manuel Antonio
500.000
Por outra banda, a Consellería continuará renovando as instalacións dos centros máis antigos para adecualas ás necesidades actuais. Neste sentido para o período 2019/20 están previstas 4 actuacións de rehabilitación enerxética na provincia, o que suporá un investimento de preto de 2,2 millóns de euros. En concreto, este ano realizaranse melloras no CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) e no CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa), mentres que as de 2020 están aínda pendentes de programación. Estas obras consisten na mellora da cuberta, da carpintería exterior, falsos teitos, renovación de luminarias, illamento de fachada e traballos de pintura e de identidade corporativa.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informa que ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. O investimento previsto para estas actuacións ascende a preto de 15 millóns de euros.
O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Educativas ata o ano 2021 contempla a execución de 9 actuacións de obra nova (construción, ampliación e reformas importantes), na provincia, ás que se destinarán máis de 12,7 millóns de euros. Neste apartado cómpre salientar a construción do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo), ademais das seguintes obras:
|
Concello |
Actuación |
Orzamento estimado |
|
A Estrada |
Ampliación IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez |
500.000 |
|
As Neves |
Muro do IES Pazo da Mercé |
169.408 |
|
Caldas |
Ampliación IES Plurilingüe Aquis Celenis |
1.400.000 |
|
Pontevedra |
3ª fase CIFP Carlos Oroza |
400.000 |
|
Salvaterra |
Ampliación talleres IES de Salvaterra de Miño |
1.500.000 |
|
Sanxenxo |
Novo CEIP de Vilalonga |
4.160.000 |
|
Tomiño |
Ampliación IES Antón Alonso Ríos |
1.500.000 |
|
Tui |
Novo CEIP Pazos de Rei |
2.600.000 |
|
Vigo |
Pavillón e talleres CIFP Manuel Antonio |
500.000 |
Por outra banda, a Consellería continuará renovando as instalacións dos centros máis antigos para adecualas ás necesidades actuais. Neste sentido para o período 2019/20 están previstas 4 actuacións de rehabilitación enerxética na provincia, o que suporá un investimento de preto de 2,2 millóns de euros. En concreto, este ano realizaranse melloras no CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) e no CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa), mentres que as de 2020 están aínda pendentes de programación. Estas obras consisten na mellora da cuberta, da carpintería exterior, falsos teitos, renovación de luminarias, illamento de fachada e traballos de pintura e de identidade corporativa.



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151