Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Oia

A “Odisea do Camino” de Oia ao Parlamento de Galicia

Movemento Oia, alerta do “lamentable estado en que se atopa o saneamento en Oia, a pesar de realizarse hai apenas 8 anos, a finais do ano 2010 cando entrou en funcionamento, cunha serie de supostas depuradoras que nunca estiveron en normal funcionamento, e que lle xera uns gastos moi importantes ao Concello, que lle privan de dedicar ese diñeiro a outros asuntos”.

 

Engaden que “provocando unha imaxe e contaminación lamentable. O Concello recepcionou e asumiu unha obra que non está ben feita”.

 

Dado que a rede de saneamento discorre neste caso polo camiño de Santiago portugués da costa á altura dun Monumento BIC, “cremos que é necesario que se tomen medidas”  explican.

 

Movemento Oia reclaman unha solución urxente dado que “estase imcumplindo a Lei de Patrimonio de Galicia aínda que, concello e administración tenten argumentar o contrario nos medios de comunicación”.

 

Tampouco, segundo movemento Oia, “se cumpre a lei de accesibilidade ao BIC”. “A imaxe que dá o Concello neste punto non é boa para os turistas e peregrinos que viaxan por este tramo do camiño. De nada serve gastarse unha chea de cartos en paneis e monólitos informativos se non solucionamos os problemas para a veciñanza” inciden.

 

O pleno solicitou recentemente e por unanimidade a Instancia declaración de conxunto histórico artístico vila mariñeira, de Movemento Oia, presentada a través do grupo mixto. “Para que o Concello solicite a declaración de conxunto histórico artístico que nos mesmos imos defender directamente no Parlamento de Galiza”.

 

Movemento Oia recomenda ao goberno municipal “que cumpra coa decisión tomada polo pleno e apoiada por todos os partidos políticos e que curse canto antes a correspondente solicitude ou encargue os estudos ou informes necesarios para que a instancia sexa aprobada pola Xunta. Isto permitirá acceder a subvencións que permitan poñer en valor toda a contorna entre outras cousas solucionar este problema en concreto que precisa un plan de protección especial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.