Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 22 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A alcaldesa lamenta a politización do proxecto mosense do Celta

Respecto do proxecto mosense do Celta insiste na defensa a ultranza do municipio por riba de todo, fronte aos claros intereses políticos demostrados por socialistas, nacionalistas e GañaMos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamenta a "imaxe ofrecida en rolda de prensa o pasado sábado por representantes do PSOE, BNG e En Marea sobre o proxecto do Celta en Mo"s. Arévalo considera que “a foto que deron é a demostración clara da evidente politización electoralista deste tema”. O que ven refrendado polo feito de que ningún/unha concelleiro/a, de PSOE e BNG, integrante da Corporación Municipal actual estivera presente.

 

Da rolda de prensa, segundo a alcaldesa, vislúmbrase así mesmo que os tres partidos políticos desexan que sexa Vigo quen tutele a Mos. Esta conclusión extráese, entre outras, da declaración do socialista Abel Losada, quen dixo que co proxecto peligraría a auga da cidade olívica, cando a auga é de Mos e está xestionada polo Consorcio de Augas do Louro. “A auga é nosa, é a auga do Concello de Mos, e dende o goberno local mosense non consentiremos que Vigo nos tutele, nin neste nin en ningún outro aspecto”, reivindica Arévalo.

 

A rexedora local mosense salienta ademais as contradicións nas que están incurrindo estes partidos políticos ao dicir, agora, que non coñecen o proxecto, cando antes declararan que estarían a favor dun proxecto respectuoso co medio ambiente.

 

Nidia Arévalo insiste na defensa do municipio por riba de todo que se está a facer dende o Concello: “Nós defendemos e traballamos para un Mos de futuro, con máis emprego, economía, comercio, protexendo o monte e garantindo auga máis e mellor. Queremos que o Celta de Vigo se veña para Mos con todo o grandioso que iso significa, e sendo conscientes de que sería un proxecto desexado por calquera outro concello; pero sempre esixíndolle ao club respecto co municipio e coa veciñanza, por suposto”.

 

A alcaldesa afirma tamén que “pola súa banda, PSOE, BNG e GañaMos defenden os intereses de Vigo, e loitan para que Mos sexa un concello que non creza, para seguir expropiando, para seguir atravesándoo con infraestruturas para que sexa Vigo o que creza. Iso é o que están buscando e defendendo: un concello que sirva a Vigo, ao que mañá se lle poida expropiar para ter unha nova autovía, o AVE a Oporto…etc. Pero este goberno local mosense non o vai a permitir”, sentenciou Arévalo.

 

A alcaldesa asómbrase, así mesmo, de “que os candidatos do PSOE e BNG, que supostamente queren ser políticos de Mos, se presten a cumplir ordes de Caballero enganando e traizoando aos seus veciños. É incríble. Creo que os veciños de Mos non merecen portavoces, e moito menos gobernantes, como estes”.

 

Por último, a rexedora local fixo referencia ás declaracións do alcalde de Vigo esta fin de semana, nunha entrevista concedida a un medio local,  no que se refería ao proxecto do Celta en Mos dicindo que pretende perxudicar á cidade olívica. Nidia Arévalo declarou que “o que Caballero quere é impedir o progreso de Mos para que siga a ser a alfombra de Vigo e o PSOE mosense é o seu cómplice para tratar de frear o crecemento do municipio”. E pregúntase a alcaldesa, “PSOE, GañaMos e BNG que fan mentres o alcalde de Vigo actúa así? Ábrenlle a porta para que Mos siga a ser o municipio pisoteado e ninguneado”, lamenta Arévalo.

 

En referencia a Abel Caballero sentencia que “el defenderá ao seu concello, pero eu tamén estou entregada á defensa de Mos por riba de todo. En Mos, só hai un equipo e unha alcaldesa que poden defender os intereses da localidade, como levamos demostrando unha década”.

 

Arévalo concluiu asegurando que “teño claro que se eu non fora a alcaldesa de Mos e estivera o PSOE na Alcaldía, sería Abel Caballero o que gobernaría, converténdose o municipio mosense nunha parroquia das abandoadas de Vigo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.