Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O PP de Tui pide a implicación de tódolos grupos políticos na rehabilitación do Teatro Principal

José Ángel Fernández Rodríguez,  Candidato ás Eleccións Municipais 2019, explica que a rehabilitación do Teatro Principal “esixe un acordo plenario que teña o apoio unánime do tódolos grupos municipais co fin de poñer en valor este símbolo da cultura tudense e desterrar a actual imaxe do edificio na paisaxe do noso Conxunto Histórico”.

 

A adquisición do Teatro Principal por parte do Concello de Tui mediante acordo unánime do pleno da corporación municipal á Fundación Teatro Principal, implica que este inmoble pasa a ser de titularidade municipal “e polo tanto unha responsabilidade de todos” explica.

 

A Corporación municipal acordara así mesmo por unanimidade, instar a declaración de este inmoble como Ben de Interese Cultural, outorgándolle a máxima protección urbanística por parte da Consellería de Cultura.

 

“Resta que sexa o propio Pleno da Corporación o que adopte sen dilacións, un acordó unánime con fin de instar ao Ministerio de Fomento, a actualización do proxecto de rehabilitación e que posteriormente o execute tal e como se fixeron e se están facendo con outros inmobles de análoga natureza ao longo da xeografía española” explica Fernández.

 

Así, o Teatro María Luisa de Mérida; Teatro Cervantes de Segovia; Teatro Emperador de León; Teatro Palacio Valdés de Avilés ou o Teatro Salón Apolo de Miranda son claros exemplos da implicación do Goberno Central na rehabilitación deste tipo de inmobles de alto valor cultural. O Teatro Principal de Tui, emblemático edificio do noso Conxunto Histórico merece un idéntico tratamento pola historia que atesoura, ninguén esquece que foi a sede dos primeiros Xogos Florais da Galicia en 1891.

 

Por último dende o Partido Popular de Tui, por voz do seu candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais, entende que “o compromiso coa cultura da nosa cidade debe estar ao marxe de calquera loita partidista”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.