SALCEDA DE CASELAS
Verónica Tourón elexida candidata á alcaldía de Salceda polo PSdeG-PSOE
Os socialistas de Salceda escolleron por unanimidade a Verónica Tourón como candidata á alcaldía de Salceda nas eleccións municipais do vindeiro 26 de maio nunha asemblea aberta celebrada este domingo.
A proposta de Verónica Tourón, Diplomada en Ciencias Empresariais, e actual voceira do PSdeG-PSOE no concello de Salceda, tivo un apoio unánime por parte da asemblea da Agrupación Socialista.
Dende a executiva local definiron a Tourón como “unha persoa con gran capacidade, compromiso, implicación e responsabilidade, como ven demostrando ó longo de toda esta lexislatura, ademais de estar avalada por un gran coñecemento da xestión municipal.”
O proxecto socialista que liderará Verónica Tourón terá como eixo fundamental a participación cidadá e estará, segundo a candidata “encamiñado a darlle novas oportunidades a Salceda despois do esgotamento do goberno actual, reactivando a parálise institucional na que estamos sometidos sen orzamentos, sen Plan Xeral, sen polígono industrial, en definitiva, sen actividade, no que o pouco que se fai provén do goberno socialista da Deputación. Se a veciñanza nos da a súa confianza, este será o mandato das parroquias e dos barrios, porque Salceda necesita un novo liderazgo que teña en conta a igualdade entre a veciñanza e que elimine as desigualdades actuais entre as parroquias e o centro da vila. Tamén é necesaria unha interlocución válida coas demais administracións, unha interlocución firme e clara que defenda as necesidades de Salceda e non comulgue coas migallas, porque é a obriga de todas e todos os que representamos á veciñanza loitar polo que Salceda merece e necesita.”
Verónica Tourón aproveitou para agradecer o apoio e a confianza recibida non só na Asemblea, senón ó longo de toda a lexislatura e engadiu que “afronto esta etapa con moita ilusión, rodeada dun gran grupo de persoas que coma min pensan na política como unha ferramenta para cambiar as cousas e mellorar a vida das persoas, ás que agradezo dar este paso. Pola miña parte, o fago co único compromiso de dedicarlle todo o tempo, a maior ilusión, paixón e sensibilidade ó servizo do pobo que me mirou nacer, crecer e na que estou criando ós meus fillos”
“Afronto este reto con respecto a todas as persoas que traballaron por Salceda desde diferentes opcións políticas e colectivos e co convencemento moi claro de que Salceda necesita un impulso que o actual goberno é incapaz de darlle despois de 12 anos. Salceda precisa avanzar, e ese avance ten que facerse con sentido común e contando coa participación de todas e todos”, remata a xa candidata e actual voceira Verónica Tourón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104