Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Tui

Danos materiais nun incendio na zona da pirotecnia que explotou en Tui

Un incendio declarado nun pendello, situado na zona da explosión da pirotecnia de Tui, na parroquia de Baldráns, provocou danos no seu interior sen que se rexistrasen danos persoais.

 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia que se achegaron ao punto, o lume calcinou obxectos de madeira e cartón empregados na elaboración de bombas de palenque sen que detectasen ningún tipo de material explosivo durante a súa intervención.

 

Foron varias persoas particulares os que contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio ao fío das 15:25 horas e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e aos Bombeiros e GES de Ponteareas.

 

Unha vez sufocado o incendio, os servizos de emerxencia arrefriaron e aseguraron a zona.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.