Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 24 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Este xoves Nigrán proxecta a 'Taxi Driver'

[Img #49313]O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves ás 20:30 horas a proxección da película 'Taxi Driver', ofrecida polo cineclub Alice Guy-Blaché en colaboración co Concello de Nigrán de xeito gratuíto. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dunha largometraxe, ofrecerá un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal.

 

Taxi  Driver é unha película estadounidense dramática de 1976 dirixida por Martin  Scorsese e escrita por  Paul  Schrader. Está protagonizada por Robert De  Niro e conta no reparto con actores como Jodie Foster o Harvey Keitel. O filme está ambientado no Nova Iork dos anos 70, pouco despois de que terminase a guerra de Vietnam, e céntrase na vida de  Travis  Bickle, un  exsoldado solitario e mentalmente inestable que para evitar o lecer comeza a traballar como taxista, incorporándose á turbia vida nocturna da cidade. Actualmente é considerada tanto unha película de culto como unha das mellores da súa época, de feito, en 1994 foi oficialmente considerada 'cultural, histórica e esteticamente significativa' pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no  National Filme  Registry.​
   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.