O ROSAL
O Rosal financiará co Plan Concellos da Deputación un novo vehículo para a recollida de lixo
O primeiro investimento deste ano para O Rosal é unha achega de 142.000 euros que o goberno de Carmela Silva aprobará o próximo luns
O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo luns, pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, do primeiro investimento para O Rosal con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 142.000 euros para financiar a adquisición dun vehículo para a recollida de lixo. Neste ano 2019, ao abeiro do Plan Concellos, o Goberno provincial pon a disposición do Rosal un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018.
A Deputación pon este ano a disposición da vila, a través do Plan Concellos, un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que en 2018
A través da liña 1 -Investimentos- as achegas da Deputación de Pontevedra coas que conta o concello do Rosal para este ano ascenden a 403.555,67 euros. Para a liña 2 -amortizacións e débedas-, o concello do Baixo Miño ten á súa disposición 52.129,42 euros. Para a liña 3 -emprego- a partida económica para O Rosal é de 127.627,20 euros coa que o concello pode financiar a contratación de 12 traballadores e traballadoras.
A través do Plan Concellos 2019, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia, un total de case 43,5 millóns de euros, o que supón un 3,3% máis que en 2018.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136