GALICIA
A Xunta comprométese a favorecer unha "competencia xusta" entre taxi e VTC
O Goberno galego e os profesionais coinciden en demandar ao Ministerio de Fomento que asuma a súa responsabilidade de establecer un marco legal que permita cumprir o equilibrio de consenso de 1 licencia VTC por cada 30 taxis e poña en marcha un rexistro xeral estatal
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trasladou aos profesionais do taxi o compromiso da Xunta para facer todo o que permitan as competencias da Administración autonómica para favorecer unha competencia xusta e leal entre o sector do taxi e o das VTV.
Vázquez Mourelle, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o secretario xeral da consellería, Joaquin Macho, mantivo esta mañá unha reunión con representantes dalgunhas das principais asociacións de taxistas de Galicia, na que profesionais e Xunta coincidiron na preocupación compartida da necesidade de garantir a convivencia pacífica entre os distintos actores que operan na área do transporte público.
A conselleira lamentou que o Goberno de España renunciase a exercer a súa responsabilidade de regulación dos vehículos de alugueiro con condutor, os VTC, e preferise transferir o problema ás comunidades autónomas. Decisión que, segundo subliñou, non fixo senón agravar o conflito, como se está ver claramente, e reiterou a petición trasladada ao Ministerio de Fomento da aplicación, canto antes, da implantación do rexistro a nivel estatal das VTC.
Explicou que no encontro mantido hoxe, Goberno galego e profesionais do taxi coincidiron na necesidade de demandar ao Ministerio de Fomento a asunción da súa responsabilidade, de establecer un marco legal que permita cumprir o equilibrio de consenso de 1 licencia VTC por cada 30 taxis.
Ethel Vázquez informa que se analizará a capacidade da Comunidade Autónoma para regular a antelación mínima de 3 horas para a precontratación do servizo das VTC e a identificación da base preestablecida que teñen que ter este servizos
Ethel Vázquez amosou o compromiso da Xunta, dentro das competencias da Administración autonómica, de analizar unha batería de iniciativas para regular e vixiar a correcta prestación dos servizos das VTC. Trátase, incidiu, de ver se é posible regular por parte da Comunidade autónoma, iniciativas como as presentadas polo sector do taxi, como a regulación do funcionamento da pre-contratación do servizo das VTC cunha antelación de 3 horas, ou a identificación da base preestablecida que teñen que ter este servizos de vehículos de alugueiro.
A conselleira reiterou aos profesionais do taxi que a Xunta asuma as súas responsabilidades e garanntiu que se intensificarán as inspeccións específicas como as realizadas na Coruña, e que derivaron en expedientes sancionadores relacionados coa nova plataforma comercializadora de servizos de alugueiro con condutor.
Puxo o acento en que desde a Xunta se procederá así coa máxima dilixencia na tramitación dos expedientes sancionadores e salientou a disposición do Goberno galego de manterse vixiantes no cumprimento da normativa vixente, unha función na que dixo agardar a máxima colaboración das forzas e corpos de seguridade con capacidade de inspección, tanto as policías locais como a Garda Civil.
A constante interlocución entre a Administración autonómica e o sector do taxi, do que dependen directamente máis de 3.600 familias en Galicia, fixo posible articular o primeiro regulamento do taxi en Galicia
Avanzou tamén que, paralelamente, e para contribuír a esa necesaria competencia limpa, o departamento que dirixe ultima a posta en marcha dun distintivo obrigatorio para todos os servizos de alugueiro con condutor autorizados en Galicia. Ese distintivo, indicou, persegue facilitar as tarefas de inspección e garantir o cumprimento das regras do xogo foi sometido a un proceso de participación pública e se agarda poder poñer en marcha en primavera.
Ethel Vázquez abundou que a constante interlocución entre Xunta e este sector estratéxico, do que dependen directamente máis de 3.600 familias en Galicia, foi quen de facer posible articular o primeiro regulamento do taxi en Galicia e na reunión intercambiaron tamén impresións sobre o seu funcionamento nos primeiros meses de aplicación.
Na xuntanza se lembrou que desde o pasado día 2 de xaneiro os interesados poden solicitar as novas axudas da Xunta para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida. Unha nova convocatoria, dotada con 250.000 euros, que desde 2016 facilitou a adquisición de máis de 130 taxis adaptados na Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22