MOS
O Club Xadrez Mos sitúase unha vez máis entre os mellores da Provincia
Antonio Alvarez Pampillon.
Dos campionatos celebrados a pasada fin de semana o equipo mosense trouxo para a casa un ouro, unha prata e dous bronces
Unha vez máis o Club Xadrez Mos erixiuse como un dos mellores equipos pontevedreses ao remate dos Campionatos Provinciais de Pontevedra, disputados a pasada fin de semana (19-20 Xaneiro) no Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Tratouse dunha das edicións con maior participación dos últimos anos, reuníndose un total de 299 xogadores e xogadoras chegados de todos os recunchos da provincia de Pontevedra. Este ano a expedición mosense estivo novamente presente, aumentando o número de representantes con respecto á pasada edición; un total de 37 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos (de todas as categorías) loitaron por situarse entre os mellores xadrecistas da provincia.
Os resultados do Club foron moi exitosos en xeral e ademais lograron traer catro medallas para casa: un ouro, unha prata e dous bronces. Os metais acadáronos xogadores/as das categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub 16.
Na categoría Sub-10, 4 deles finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Mención especial á actuación de Javier del Valle Crespo, finalizando en 2º posición, tras loitar polo título de Campión Provincial ata a última rolda.
Na categoría Sub-12, 3 xogadores mosenses lograron clasificarse entre os 10 mellores xogadores do torneo. Mención especial ao torneo realizado por Óscar Fernández Sanjuán, finalizando en 3º posición.
Carlos Martínez Crespo erixiuse Campión Provincial Sub-14, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles
Moi destacada tamén a actuación dos Sub-14, xa que dos 7 participantes, 5 deles finalizaron entre os 10 primeiros postos. Titánico Carlos Martínez Crespo, Campión Provincial, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles.
Seguindo a liña dos Sub-14, moi bo rendemento dos Sub-16, nunha categoría cun nivel de xogo moi elevado. 3 dos 6 representantes do Club Xadrez Mos finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Destacada a actuación de Antonio Álvarez Pampillón, finalizando en terceira posición.
Representantes da directiva do Club declararon sentirse “moi orgullosos de todos/as os/as xogadores/as que un ano máis están a situar ao Club Xadrez Mos entre un dos mellores da Provincia de Pontevedra”. Así mesmo animáronos a “seguir traballando e gozando da nosa paixón que é o xadrez”.
Antonio Alvarez Pampillon.Unha vez máis o Club Xadrez Mos erixiuse como un dos mellores equipos pontevedreses ao remate dos Campionatos Provinciais de Pontevedra, disputados a pasada fin de semana (19-20 Xaneiro) no Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Tratouse dunha das edicións con maior participación dos últimos anos, reuníndose un total de 299 xogadores e xogadoras chegados de todos os recunchos da provincia de Pontevedra. Este ano a expedición mosense estivo novamente presente, aumentando o número de representantes con respecto á pasada edición; un total de 37 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos (de todas as categorías) loitaron por situarse entre os mellores xadrecistas da provincia.
Os resultados do Club foron moi exitosos en xeral e ademais lograron traer catro medallas para casa: un ouro, unha prata e dous bronces. Os metais acadáronos xogadores/as das categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub 16.
Na categoría Sub-10, 4 deles finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Mención especial á actuación de Javier del Valle Crespo, finalizando en 2º posición, tras loitar polo título de Campión Provincial ata a última rolda.
Na categoría Sub-12, 3 xogadores mosenses lograron clasificarse entre os 10 mellores xogadores do torneo. Mención especial ao torneo realizado por Óscar Fernández Sanjuán, finalizando en 3º posición.
Carlos Martínez Crespo erixiuse Campión Provincial Sub-14, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles
Moi destacada tamén a actuación dos Sub-14, xa que dos 7 participantes, 5 deles finalizaron entre os 10 primeiros postos. Titánico Carlos Martínez Crespo, Campión Provincial, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles.
Seguindo a liña dos Sub-14, moi bo rendemento dos Sub-16, nunha categoría cun nivel de xogo moi elevado. 3 dos 6 representantes do Club Xadrez Mos finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Destacada a actuación de Antonio Álvarez Pampillón, finalizando en terceira posición.
Representantes da directiva do Club declararon sentirse “moi orgullosos de todos/as os/as xogadores/as que un ano máis están a situar ao Club Xadrez Mos entre un dos mellores da Provincia de Pontevedra”. Así mesmo animáronos a “seguir traballando e gozando da nosa paixón que é o xadrez”.










































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104