TUI
O Concello de Tui estará hoxe en FITUR Madrid
O alcalde sinala que é a primeira vez que se está a levar a cabo unha política integral de turismo

O Concello de Tui estará hoxe presente na inauguración de FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 deste mes, representado polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.
O rexedor tudense acudirá ás 12h ao stand de Turgalicia á presentación dos novos folletos dos conxuntos monumentais galegos, entre os que se atopa o de Tui. Posteriormente visita o posto da Red de Juderías de España, co obxectivo de ir traballando ante a posibilidade que hai de que Tui se poida incorporar a este grupo.
Carlos Vázquez Padín aproveitará a súa visita a esta cita internacional de Turismo para visitar outros stand e poder así tomar nota de distintas iniciativas que se poidan extrapolar ao turismo local para promocionar a cidade e os seus atractivos.
Explica o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que é a primeira vez que se está a facer unha política integral de turismo enfocada a promover o potencial turístico do municipio. Nese senso apuntaba á redacción dun Plan Director de Turismo que está en marcha, a candidatura para entrar a formar para da Red de Juderías de España, e o obxectivo de que o municipio se poida incorporar á Ruta da Camelia, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122