Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 22 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Victoria Alonso esixelle a actual rexedora que retire o proxecto do Celta

Tralas declaracións feitas pola rexedora do Concello de Mos despois da rolda de prensa da Comunidade de Montes de Tameiga e das augas o pasado sábado, a candidata do Partido Socialista de Mos, Victoria Alonso, esíxelle "a retirada do proxecto do Celta de Vigo por descoñecer as necesidades da veciñanza que ven rexeitando a iniciativa dende a súa presentación".

 

Abel Losada quen interveu en nome do Partido Socialista calificou de “pelotazo urbanístico de libro” este proxecto e que "de precisar auga do encoro do Eiras para este complexo comercial e zona deportiva non estaría asegurada xa que en tempada de seca teñen que controlar o uso tanto en Vigo coma na bisbarra, Victoria Alonso tacha de  vergoñento que teña que recorrer a mentira para xustificar a escasa información que lle da as traídas de augas. Tamén recalca que a auga de Tameiga é dos comuneiros de Tameiga, non é do Concello para pretender xogar con ela nin negociable".

 

A candidata socialista pídelle que "deixe de basear a súa campaña en ataques a Abel Caballero xa que non dirixe o PSOE de Mos coma ela declara e que centre os seus folgos na defensa do patrimonio do concello. Xa que está orgullosa da súa labor durante os últimos 10 anos, recórdalle que ten unha débeda moi superior a como colleu o concello tras unha moción de censura. Victoria Alonso engade que, en vez de falar constantemente do alcalde de Vigo tome exemplo da súa xestión xa que el defende o carácter público de Balaidos no canto de ofrecerlle terreos para a súa especulación urbanística".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.