Miércoles, 24 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Mellora de seguridade executada na estrada Salvaterra- Filgueira

Ethel Vázquez hoxe en Arbo.Ethel Vázquez hoxe en Arbo.

Vázquez Mourelle explica que se construíu unha glorieta no acceso a Couto, que se complementou cunha semiglorieta no acceso a Vila

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou esta semana a mellora de seguridade viaria executada na estrada Salvaterra- Filgueira (PO-400), cun investimento de 180.000 euros, que xa está a facilitar a mobilidade dos veciños da contorna.

 

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, explicou que esta actuación, xa finalizada, consistiu na mellora da seguridade nas interseccións coas estradas provinciais que acceden aos lugares do Couto, na marxe esquerda da PO-400, e Vila, na dereita.

 

Concretou que para mellorar a seguridade viaria transformáronse as dúas interseccións nunha glorieta no acceso a Couto, que se complementou cunha semiglorieta no acceso a Vila. Con esta solución acougouse o tráfico neste tramo da estrada, ademais de garantir todos os xiros en condicións axeitadas de visibilidade e seguridade.



No marco deste proxecto tamén se acondicionaron dúas paradas de autobús cun pequeno tramo de beirarrúa, a sinalización dun paso de peóns e a instalación de alumeado. Ademais complementouse a actuación con afirmado, drenaxe e sinalización.

 

 

 

 

Sinala que con esta solución acougouse o tráfico neste tramo da estrada, ademais de garantir todos os xiros en condicións axeitadas de visibilidade e seguridade

 

 

 

 

A conselleira lembrou que nesta estrada autonómica veñen de rematar as obras de mellora do firme en antigos treitos da vía ao seu paso polo municipio de Crecente, que seguen a ser utilizados polos veciños, xa que dan acceso a núcleos de poboación, a vivendas ou fincas.

 

Ademais, recordou que a Xunta tamén licitou recentemente un contrato que, entre outras actuacións, recolle o reforzo de firme localizado nesta estrada ao seu paso por Salvaterra, nun treito de algo máis de 3 km. No seu conxunto, o contrato licitado prevé melloras en 5 estradas da comarca por un importe de 705.000 euros, actuacións previstas neste ano.

 

Unha solución viable para a mellora do abastecemento

Doutra banda, a conselleira informou de que na xuntanza previa abordou co alcalde de Arbo o plan en marcha para acadar a mellora do abastecemento na localidade a través dunha alternativa viable.

 

Despois de anos de dificultades económicas, administrativas e de falta de consenso social, definiuse unha alternativa viable, por fases, que establece como actuación prioritaria e inmediata a mellora da captación e optimización do funcionamento do sistema de bombeos e depósitos.

 

Ethel Vázquez informou de que Augas de Galicia está xa a redactar un proxecto, que estará rematado no mes de abril, que permitirá iniciar a contratación das obras antes do verán, mentres se avanza nos documentos técnicos das actuacións complementarias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.