Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 16:08:23 horas

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Tres Estrelas Michelín acompañarán este xoves a Carmela Silva en Fitur

A presidenta da Deputación, xunto a alcaldes e alcaldesas de todas as comarcas da provincia, participará na presentación na que as persoas produtoras serán protagonistas

Este xoves, 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, o Pavillón 9 do IFEMA de Madrid acollerá a presentación da campaña “Fame de experiencias”, que este ano impulsa a Deputación de Pontevedra coa enogastronomía como eixo principal e que arranca con motivo da Feira Internacional de Turismo, FITUR. Na presentación, que será única, creativa, sorprendente, diferente, que rachará tópicos e non deixará a ninguén indiferente, a presidenta provincial, Carmela Silva, contará coa participación de tres estrelas Michelín e da actriz e presentadora Déborah Vukusic, que será a encargada de conducir un acto que, en palabras de Silva, “pretende encher de fame e desexos de coñecer a provincia de Pontevedra”.

 

Alcaldes e alcaldesas de todas as comarcas da provincia, así como representantes de todo o sector turístico pontevedrés e do Cluster de Turismo de Galicia, asistirán á presentación da campaña da Deputación, acto que poderá seguirse en directo a través das redes sociais da institución provincial. Durante o evento, as historias das produtoras e produtores,  persoas reais e auténticas que compoñen a cadea de valor que hai detrás da enogastronomía pontevedresa, serán as protagonistas. Todas e todos eles darán a coñecer a importancia da enogastronomía, “que tan vinculada está ao turismo das emocións”, e a excelencia dos produtos da provincia, dando a coñecer espazos de costa e de interior que representan a todos os concellos da provincia e espertan “Fame de experiencias”.

 

 

 

 

A actriz e presentadora Déborah Vukusic será a condutora do acto que poderá seguirse en directo a través da web e das redes sociais da Deputación de Pontevedra

 

 

 

 

Para espallar as ideas de campaña a presentación, guiada da man da actriz Déborah Vukusic, das estrelas Michelín e da propia presidenta provincial Carmela Silva, contará co apoio de dous vídeos diferentes e pecharase coa entrega dun agasallo a modo de caixa chea de sorpresas, experiencias e propostas enogastronómicas para vivir na provincia de Pontevedra.

 

Ao longo do 2019 e da man de “Fame de experiencias” a Deputación de Pontevedra pretende impulsar a enogastronomía, contando para elo cos innumerables recursos cos que conta a provincia de Pontevedra, dende a Denominación de Orixe Rías Baixas ata denominacións de orixe protexida (Mexillón de Galicia, Pemento de Herbón, Queixo de Tetilla e Queixo García-Ulloa), dez indicacións xeográficas protexidas (Castaña de Galicia,  Grelos de Galicia, Lacón Galego, Mel de Galicia, Tarta de Santiago, Tenreira Galega, Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor Café de Galicia, Licor de Herbas de Galicia),  Ruta do Viño Rías Baixas, cinco establecementos con Estrela Michelín e oito Soles Repsol, eventos gastronómicos e festas enogastronómicas como a de interese turístico internacional do Albariño de Cambados ou as de interese turístico nacional do Marisco do Grove, o Cocido de Lalín e a Lamprea de Arbo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.