PONTEAREAS
O PP denuncia vertidos de augas fecais en vivendas e comercios
O PP denuncia "vertidos de augas fecais no recentemente reformado paseo matutino. Esta obra é financiada pola Deputación de Pontevedra, que xa en 2015 e antes do cambio de goberno deixou consignada unha partida de preto de 200.000 euros" explican.
O PP denuncia "o culebrón que supuxo a xestión da única obra que acometeu este goberno nestes catro anos". “É unha obra que deixou o PP: tanto o proxecto como a partida económica. A finais de 2015, Represas decidiu cambiar o proxecto porque dixo que o do PP era inviable. En 2017 anunciou o inicio das obras. En 2018, despois de que denunciamos que non se iniciaron e que se perdía o diñeiro, executáronas á présa. Abriuse hai uns días para o mitin de presentación de Represas, pero o certo é que está sen terminar. No referente ao asfaltado e sinalización pódese corrixir pero preocúpanos a vertedura de fecais que se produciu, porque se algunha tubaxe quedou mal colocada implicaría ter que volver abrir a rúa e cortala prexudicando, de novo, aos veciños, comerciantes e hostaleiros da zona”, advirten os populares.
O PP solicita "unha explicación ao goberno, xa que falamos dunha obra nova, e estes problemas non deberían de producirse"
O PP considera que "debe solucionarse este problema de inmediato e por iso solicitará explicacións aos responsables locais sobre a execución da obra". “A decisión de abrila sen sinalización e por que, despois dunhas pequenas choivas, encharcouse todo con augas fecais. É unha obra nova, antes non sucedía, os comerciantes están moi enfadados. Sufriron o peche estes tres meses en plena época do Nadal e agora atópanse cunha rúa sen terminar e que xera uns problemas que antes non tiñan”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163