A GUARDA
A Guarda estará presente na 39ª edición de FITUR
Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa 39ª edición.
Un ano máis A Guarda promocionarase no stand de Turismo de Galicia. Ademais o xoves ás 12.00h tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña "Fame de Experiencias" no que o Concello da Guarda estará presente grazas a nosa importancia gastronómica e tamén a Festa da Langosta e Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia.
Durante estas xornadas a delegación da Guarda, formada polo alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa Vicente, manterán diversas reunións con axencias e maioristas en turismo cultural, ornitoloxía e cruceiros ademais de asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.
Trala recente creación do Xeodestino Ría de Vigo - Baixo Miño este é o primeiro ano que haberá un espazo adicado ao Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño onde os 14 concellos promocionaranse conxuntamente. Aproveitando esta ocasión foi convocado para o xoves ás 18.00h na sala de reunións do stand de Galicia una reunión de traballo institucional do Xeodestino da Ría de Vigo-Baixo Miño onde estarán todos os alcaldes e a empresa responsable da elaboración do Plan Estratéxico informará das actuacións previstas. Ademais a técnico de Turismo da Guarda, Rosalía Verde, asistirá á reunión técnica dos Destinos EDEN que cada ano se convoca coincidindo coa celebracion de FITUR.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217