Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 27 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O vindeiro luns remata na Guarda «Comercio Innova Plus»

O Concello da Guarda remata o vindeiro luns as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde.

 

O luns día 28 de xaneiro terá lugar a última charla sobre «Compartindo talento: Xuntos chégase máis lonxe», que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Para esta charla contarase coa presenza de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.

 

[Img #49441]Se sentes que viaxas soa ou só? Se tes a idea de facer algo con alguén pero non sabes como? Se tes ao/á teu/túa aliado/a ao lado en non o sabes, esta será unha charla que te axudará a desenvolver o teu negocio compartindo experiencias con outras persoas empresarias que están na túa mesma situación.

 

Neste obradoiro abordarase onde podemos atopar alianzas, como construílas e daremos o primeiro paso cara un camiño cheo de oportunidades creando sinerxias.

 

Estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.

 

Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.

 

No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre «Utilización Práctica de Instagram», e «Utilización Práctica de Facebook», rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.

 

“Comercio Innova Plus”  conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.