VIGO
A Xunta promove en Vigo novos cursos de formación e capacitación
Destina máis de 200.000 euros á posta en marcha de itinerarios de inclusión social e transición ao emprego e de formación adaptada
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou, na entrega de diplomas dos cursos realizados por Acción Laboral en Vigo, a firme aposta da Xunta de Galicia por promover a entrada e a reincorporación ao emprego de inmigrantes e refuxiados. Un compromiso que se plasma nos máis de 200.000 euros que a Administración autonómica outorgou a esta entidade para poñer en marcha itinerarios de itinerarios de inclusión social e transición ao emprego e de formación adaptada a través da mellora de competencias dixitais, culturais e sociais e cívicas.
López-Chaves recordou, no acto celebrado na Delegación Territorial de Vigo, que esta achega está enmarcada na orde de subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social na que a Xunta de Galicia investiu 16 millóns de euros.
O importe enmárcase na orde de axudas de 16 millóns de euros destinada a entidades de iniciativa social para promover actividades de servizos sociais comunitarios
Cómpre indicar que son 124 as entidades beneficiadas por esta liña de axudas coa que se sufragarán 961 proxectos, 237 máis que na anterior convocatoria. Este é o sexto ano consecutivo no que se incrementa a contía concedida ao abeiro desta orde, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, superando en mais dun 90% o importe concedido na anterior convocatoria 2017-2018.
Así mesmo, o delegado territorial gabou o traballo diario realizado por Acción Laboral e, ademais, remarcou o compromiso do Goberno galego de continuar o respaldo a colectivos e entidades como este que co seu esforzo procuran a inclusión social e laboral de todas as galegas e galegos que o necesiten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60