GALICIA
Galicia comparte en Fitur a riqueza etnográfica dos entroidos galegos
Valorou como un gran aliciente para Ourense, e para a Comunidade en xeral, a recente declaración do de Xinzo de Limia como Interese Turístico Internacional
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou onte na Feira Internacional de Turismo Fitur que se está a celebrar en Madrid o destacado papel que están a ter os entroidos galegos. Neste sentido, puxo de manifesto a súa riqueza etnográfica como unha das claves para conseguir posicionar á Comunidade entre os destinos punteiros durante o inverno, coincidindo coa tempada baixa.
O recente recoñecemento do entroido de Xinzo de Limia como Festa de Interese Turístico Internacional foi valorado por Nava Castro como un gran aliciente para Ourense en particular e para Galicia en xeral para continuar traballando no camiño da excelencia das festividades galegas. O de Xinzo de Limia convértese en pioneiro ao ser o primeiro entroido galego en conseguir a máxima distinción que poden ter as festas no eido turístico.
Durante a presentación salientou o traballo da cidadanía galega implicada en conservar e poñer en valor as tradicións e ritos ancestrais a través das diferentes celebracións entorno ao entroido, tamén vinculadas coa enogastronomía. Destacou o caso de Verín, cos seus tradicionais cigarróns e que ten o recoñecemento de Interese Turístico Nacional. Nove máis están distinguidos como de Interese Turístico de Galicia, casos do Entroido de Cobres, na localidade pontevedresa de Vilaboa, con destacada presenza das Madamas e Galáns.
Esta presentación pechou a actividade profesional da Feira, que continuará aberta durante toda esta fin de semana para o público en xeral con varias iniciativas
Xunto a eles, comparten distinción os Xenerais da Ulla, presentes en concellos de Pontevedra e A Coruña caracterizados polas súas batallas dialécticas; o de Laza, cos seus icónicos peliqueiros; o de Viana do Bolo, co boteiro que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico de androia; o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda, coas súas mázcaras, o de Maceda, cos felos, ou o de Vilariño de Conso. A presenza destes entroidos en Fitur enmárcase no compromiso de Galicia por difundir a importancia dos milleiros de entroidos da Comunidade galega, aos que cualificou como un dos mellores expoñentes dos valores que fan de Galicia un destino singular.
Máis durante a fin de semana
Pechábase así unha completa axenda de máis de 40 presentacións de produtos e experiencias turísticas que se celebraron durante os últimos tres días no expositor de Galicia en Fitur. Entre as novidosas propostas impulsadas pola Consellería de Cultura e Turismo para 2019 destacou a presentación Un paseo de historia e vida, froito do traballo levado a cabo no Ano Europeo do Patrimonio Cultural e que afonda nos cascos históricos. Tamén se presentou o itinerario marítimo para coñecer o legado fenicio en Galicia, a ruta atlántica de turismo de mergullo, a marca que aglutina aos festivais musicais galegos así como celebracións tradicionais a Semana Santa. As candidaturas galegas a Patrimonio Mundial da Unesco (Cíes-Illas Atlánticas, Ribeira Sacra e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración) tiveron un destacado protagonismo, xunto ao Xacobeo 21 e propostas de accesibilidade no Camiño.
A actividade de Galicia en Fitur continuará esta fin de semana, con xornadas de portas abertas para o público en xeral. O expositor da Comunidade galega ofrecerá aos visitantes información dos establecementos Q de Calidade, do Camiño de Santiago, da natureza, gastronomía, festas, experiencias, da Cidade da Cultura de Galicia, dos cascos históricos, das catro provincias cos seus correspondentes xeodestinos, das sete cidades, do mundo náutico, dos mananciais e dos produtos do Clúster Turismo de Galicia, entre outros.
Ademais, celébranse catas de viño ou exhibicións de Artesanía de Galicia cun obradoiro en vivo de xoiería. Estará instalado, igualmente, un photocall con elementos representativos do Camiño de Santiago e se incorporarán actuacións de baile, canto, pandereteiras, instrumentos musicais tradicionais e obradoiros para todos os públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22