VIGO
O Concello impartirá formación para o voluntariado entre febreiro e abril
O alcalde anunciou este martes que o Concello impartirá sete cursos de formación para voluntarios. "Imos darlle moito impulso ao voluntariado, queremos facer unha gran mobilización", sinalou Caballero, quen cifrou en aproximadamente 3.000 os inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado
Entre febreiro e abril, o goberno de Vigo organiza sete cursos de formación para os voluntarios inscritos na oficina municipal do Concello empadroados en Vigo, segundo informou Caballero esta semana en rolda de prensa.
Os cursos terán lugar nas oficinas municipais de distrito do Casco Vello e de Teis. O Concello organiza dous de iniciación ao voluntariado (de 30 prazas cada un), e un de habilidades básicas, primeiros auxilios, intelixencia emocional, formación en inmigración e prevención de riscos, cada un con quince vacantes dispoñibles. Toda a información e as inscricións, a través do 010.
O obxectivo do Concello, sinalou o alcalde, pasa por "reforzar" o voluntariado en Vigo, un "gran proxecto de cidade" que se impulsa coa formación dos inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado. "Imos darlle moito impulso ao voluntariado, queremos facer unha gran mobilización", concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60