O PORRIÑO
Un detido en Cans por presunta venda drogas e por pegar, presuntamente, á súa parella
Axentes da Policía Local do Porriño detiveron a S.P.R, de 19 anos de idade, acusado dun presunto delito de violencia machista e incumprimento da orde de afastamento da súa parella.
Os policías arrestaron, tamén, á muller, S.R.S, de 20 anos de idade quen, tentando evitar que a súa parella fose detida “agrediu -presuntamente- a un dos axentes”.
O xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, sinala que “levabamos varios días vixiando unha vivenda de Cans á que, parece ser, que acudían rapaces a comprar haxix”. Os axentes tiveron que intervir cando dende o 112 pediron á Policía Local acudise ao lugar debido a que un rapaz agredira á súa parella.
“Nese momento activouse o protocolo de actuación ante casos de violencia machista, que ten en funcionamento do Concello”. Os axentes chegaron ao lugar e entrevistáronse co rapaz quen negou que houbese alguén no interior da casa, algo que comprobaron cando o mozo permitiulles entrar na mesma, “localizando á rapaza nun oco que só podía abrirse dende fora”.
A muller dixo aos policías que era á parella do mozo e confesou que o lugar onde a atoparan os axentes o usaba o home “para pechala dentro coma castigo”.
Ante este feito, e logo de reafirmar, falando cunha testemuña que asegurou ter visto a agresión á rapaza, os policías realizaron varias comprobacións confirmando que este suxeito tiña unha orde de afastamento da vítima, ditada polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 de O Porriño, polo cal procederon á súa detención.
“Sorprendentemente, á moza púxose do lado do seu agresor tentando que non fora trasladado”, tendo que ser suxeita polos axentes. Finalmente, logrou soltarse e agrediu a un dos policías, polo que foi arrestada coma presunta autora dun delito de Atentado á Autoridade.
No mesmo lugar, atopáronse 10 doses de haxix preparadas para a súa venda ao por menor.
Os detidos foron postos a dispor do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño que ten competencias compartidas de violencia sobre a muller, dende onde ditouse contra o home unha orde de ingreso na prisión da A Lama, mentres que a rapaza quedou en liberdade con cargos e a obriga de presentarse cada semana no xulgado.
Con estes arrestos, a Policía Local da por desmantelado una punto de venda de droga na parroquia de Cans e resolto un presunto caso de violencia de xénero.
A Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moures, ten coma prioridade á loita contra a violencia machista e, dende o ano pasado, a Policía Local do Porriño conta cunha unidade propia de ‘Viogen’, coordenada coa Subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra. No mesmo eido, a loita contra o tráfico de drogas é outra das liñas básicas de actuación do departamento que, nos meses pasados, puxo a dispor da xustiza a varios autores de venda de substancias prohibidas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11