MOS
O BNG vota 'non' á nova RPT do Concello de Mos
O pleno do Concello de Mos aprobou esta semana, co voto en contra do Grupo Municipal do BNG, unha nova proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) para o Concello de Mos. Dende o BNG recoñecemos "aspectos positivos neste documento", que foi negociado cos representantes sindicais e que "vai supoñer unha mellora notable da situación laboral dos empregados do Concello. Malia todo, o noso voto foi negativo por varios motivos que o portavoz municipal, Miguel Anxo Aldea, espuxo publicamente no pleno"
Dende o bnG aseguran que non recibiron o documento "con antelación suficiente" e que "as forzas da oposición non foron convidadas a participar na negociación ".
"O BNG non é un convidado de pedra no Concello de Mos. Se nos mantivo á marxe da negociación, non se consultou nin sequera a nosa opinión e agora, co documento xa pechado, se nos pide que votemos a favor" explican.
"Por hixiene democrática, consideramos que os grupos da oposición deben estar representados nunha negociación que vai condicionar o futuro da administración municipal, independentemente de cal sexa a forza política que asuma as responsabilidades de goberno. A alcaldesa tende a esquecer que tamén formamos parte deste Concello e queremos lembrarlle unha cousa importante: o Concello de Mos non é dela. Aínda que a señora Arévalo opine o contrario, o Concello non é do PP" aseguran.
Ademáis dende o BNG consideran que "o documento ten un marcado condicionamento político".
"A pesar de contar cunha escasa marxe de tempo para analizar os distintos aspectos desta RPT, atopamos nel algúns aspectos que non nos encaixan demasiado ben. Por unha parte, recoñécese que os concellos deben asumir cada vez maiores competencias, pero ao mesmo tempo exponse a necesidade de amortizar oito postos de traballo".
"Tamén é certo que se van crear, en base a este documento, dúas novas prazas, pero o balance non deixa de ser negativo: vanse eliminar, en total, seis empregos municipais" explican.
Por último engaden que "este recorte xustifícase na necesidade de adaptar as contas municipais ao plan de axuste financeiro que obriga ao Concello a reducir os seus gastos. Agora ben, non debemos esquecer que esta situación é consecuencia da mala xestión de Nidia Arévalo, que incumpriu a Lei de Estabilidade Orzamentaria e agora vese na obriga de reducir o investimento municipal".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104