Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 22:28:35 horas

Xornal21.es
Martes, 29 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Comeza a redacción Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui

Estará rematado en dous meses e medio

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Julio Sánchez, da empresa Valora, adxudicataria da redacción do Plan Director, presentaron onte o incio da redacción deste documento. O acto contou coa presenza do alumnado do módulo de “Promoción turística local e información ao visitante” do obradoiro “Percorre Tui”.
O obxectivo é involucrar ao sector turístico da cidade dende hostalería, restauración, até empresas de turismo activo entre outras. Todas elas serán convocadas a unha mesa de traballo que se realizará en menos dun mes, e tamén se levarán a cabo enquisas on-line para ter así unha imaxe tamén da poboación en xeral sobre o turismo en Tui.


Na presentación deste mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicou que “entendiamos que era unha tarefa e unha materia pendente deste concello, elaborar un documento, unha folla de ruta, na que traballar sobre un potencial e uns recursos que temos no ámbito do turismo”. Nese senso aludía ao “trío de ases” do Río Miño, o conxunto histórico, e o Parque Natural do Monte Aloia que ten o municipio.


Julio Sánchez  da empresa Valora destacaba a importancia de que calquera destino turístico poida contar cun Plan Director e de Estratéxica Turística.  Destacaba ao tempo a importancia de que a estratexia que se vai plantexar teña a máis ampla colaboración/implicación posible, que sexa un plan codeseñado entre todos.  Apuntaba tamén Julio Sánchez que o obxectivo final é a elaboración dun ou varios produtos turísticos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.