Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 29 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva aplaude os “bos datos da EPA"

A presidenta provincial pon de exemplo o Plan Director Polo Emprego Digno de Pedro Sánchez “porque supón unha maior dignificación dos empregos, ese é o camiño correcto”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, valorou hoxe “positivamente” os bos datos que reflicte a Enquisa de Poboación Activa (EPA) de 2018 e que veñen a confirmar que, tanto en ocupación como en taxa de desemprego, as cifras son os mellores dos últimos 10 anos e volven aos niveis de finais de 2008. “Todos e todas precisamos de boas noticias como estas, dixo Silva, porque xeran optimismo e son moi necesarias despois de que a nosa sociedade sufrira tanto nestes anos de crise”.

 

A presidenta subliñou o descenso da taxa de paro “que baixou ata o 14,45%, sendo a máis baixa en 10 anos”, e tamén cualificou de “excelente noticia que o pasado ano España rexistrara a maior creación de emprego en 12 anos, con 19,56 millóns de persoas ocupadas”. Silva tamén puxo en valor que “segue a reducirse o número de fogares con todos os seus membros en paro e que aumenta a cifra dos que teñen a todos ocupados e ocupadas. Tamén son datos moi relevantes”.

 

Aínda así, a  presidenta provincial sinalou que “temos que seguir a pelexar pola calidade do emprego e loitar contra a temporalidade e a precariedade”. Neste sentido, Carmela Silva aplaudiu o modelo do novo “Plan Director Polo Emprego Digno” do goberno de Pedro Sánchez. “Ese é o camiño correcto, dixo, porque se está a lograr que haxa máis cotizacións na Seguridade Social, que os empregos sexan de máis calidade e que exista un compromiso social para que a xente poida construír a súa vida con traballos dignos. Aí é onde hai que seguir a traballar”, rematou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.