VIGO
A Xunta presenta en Vigo axudas para novos proxectos de dinamización do Xacobeo 2021
O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, explicaron as liñas do programa ‘O teu Xacobeo’, que busca implicar a todos os axentes sociais
O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentaron onte en Vigo o programa O teu Xacobeo, a convocatoria de axudas a novos proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, no que o Goberno galego quere implicar a todos os axentes da sociedade.
Segundo apuntaron, a Xunta pretende organizar o Xacobeo máis participativo dos últimos anos e con ese obxectivo vén de convocar un programa aberto a calquera cidadán, empresas, entidades públicas e privadas e sen ánimo de lucro da Comunidade. A delegación territorial da Administración autonómica acolleu un acto informativo ao que asistiron representantes de concellos, mancomunidades, grupos de desenvolvemento rural (GDRs) ou diversas asociacións da provincia de Pontevedra, entre outros.
A orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 14 de xaneiro e está dotada cun orzamento de 2 millóns de euros para impulsar proxectos en cinco ámbitos ao longo de 2019 e ata abril de 2020. Este programa fomentará iniciativas “na esfera artística, do patrimonio, a historia, o pensamento e a espiritualidade, a gastronomía, o deporte ou o ámbito social”, apuntou o delegado, quen engadiu que “o Xacobeo 2021 farémolo todos e en todo o territorio”.
Poderán optar a estas achegas tres tipos de solicitantes: entidades locais, entidades privadas e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro
Tres tipos de solicitantes
Poden optar a este cofinanciamento tres tipos diferentes de solicitantes: entidades locais (concellos galegos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e as deputacións provinciais), entidades privadas (persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa) e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro. Para as entidades públicas, hai unha liña de 875.000 euros para subvencionar, en función do tamaño demográfico, un máximo do 85% por proxecto ata os 50.000 euros. No tocante ás entidades privadas, disponse de 825.000 euros adicionais que cubrirán un máximo do 60% ata 25.000 euros. Finalmente, para entidades sen ánimo de lucro consígnanse 300.000 euros, con axudas polo 90% do proxecto presentado e ata 20.000 euros.
Ámbitos subvencionables
O teu Xacobeo abrangue cinco áreas subvencionables: ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.
O ámbito artístico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, artesanía, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes escénicas (teatro, danza, novo circo etc.), literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, conferencias, xornadas de formación, programas de intercambio con expertos doutras nacionalidades ou charlas educativas en colexios, entre outras opcións.
Subvencionaranse iniciativas nos eidos da arte, o patrimonio, a historia, o pensamento, a espiritualidade, a gastronomía, o deporte e o ámbito social
En canto a área gastronómica, O teu Xacobeo inclúe experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribúan a dar a coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial. Tamén a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas (por exemplo: catas e degustacións, charlas, talleres, actividades de formación e intercambio, publicacións, feiras e outras).
No ámbito deportivo prevense eventos de calquera disciplina, con especial atención ás actividades non profesionais e para todos os públicos. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre como camiñadas ou rutas organizadas, clases en grupo e disciplinas relacionadas co benestar, o fomento da vida activa e o gozo respectuoso da natureza.
Por último, a quinta área subvencionable, o ámbito social, contempla os programas de voluntariado, sociais e/ou educativos que fomenten a inclusión e participación.
Na repartición das subvencións aos proxectos presentados, valoraranse criterios como a pertinencia, calidade do contido e das actividades, comunicación e difusión, viabilidade e sustentabilidade. O prazo para presentar solicitudes remata o 15 de febreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60