Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Centro Cultural da Guarda acolle o 15 de febreiro a XII Gala do Deporte

[Img #49673]O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 15 de xaneiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XII Gala do Deporte.


Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.


A gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera e a judoca do Clube Deportivo Baixo Miño, Tecla Cadilla, amadriñará o evento deportivo, ao que están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.