GALICIA
Feijóo salienta o labor das entidades sociais que poñen o deporte ao servizo das persoas con discapacidade
Agradece o compromiso de Special Olympics, de Fademga e de todo o tecido social co que conta Galicia, disposto a impulsar a todos os galegos con capacidades diferentes
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte o labor das entidades sociais que poñen o deporte ao servizo das persoas con discapacidade para seguir superando barreiras e temores e atopar a mellor versión de cada persoa.
Durante o acto de entrega de agasallos do 23 Certame de tarxetas de Nadal Special Olympics Galicia, Feijóo agradeceu deste xeito o compromiso de Special Olympics, de Fademga e de todo o tecido social co que conta Galicia, disposto a impulsar a todos os galegos con capacidades diferentes.
Así mesmo, destacou o traballo de Special Olympics para promover a inclusión social a través do lecer, cos seus campamentos e programas de vacacións; da cultura, cos seus grupos de artes escénicas; e da arte, como demostra o concurso de tarxetas de Nadal, no que participaron 854 persoas con discapacidade intelectual de 30 entidades de toda a Comunidade.
Garante o apoio da Xunta a Special Olympics e ás entidades que lle dan vida, como proba a achega de 200.000 euros destinada o pasado ano ao seu funcionamento
Ao longo da entrega de premios, Feijóo resaltou que todas as tarxetas son pequenas obras de arte: “Cada unha reflicte as inquedanzas, as ilusións e a forma de entender o mundo da persoa que as creou”, dixo, ao que lembrou que unha das tarxetas do certame do ano pasado, creada por Alberto Pérez Míguez, de Aspadisol, foi escollida pola Consellería de Política Social para desexar as Felices Festas.
O presidente do Executivo galego concluíu garantindo o apoio da Administración autonómica a esta asociación e ás entidades que lle dan vida, como proba a achega de 200.000 euros destinada o pasado ano ao seu funcionamento. “O Goberno galego comparte con Special Olympics un dos seus grandes valores: que o valor dunha persoa non o determina ata onde pode chegar, senón canto está disposta a esforzarse e a superarse a si mesma”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22