Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 22:28:35 horas

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Recepción no Concello as alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón que participaron no Erasmus+

Estiveron dous meses e medio en Regio Calabria, Italia

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, recibiron esta mañá na casa do concello a Desiré Boquete e Ana Belén Piñeiro, alumnas do IES  Indalecio Pérez Tizón, que estiveron dous meses e medio na rexión italiana de Regio, grazas o programa ERASMUS + de mobilidade de alumando e profesorado dentro dos países da UE que  xestiona o SEPIE.  A recepción esta mañá acudiu tamén o vicedirector do centro, Xosé Manuel Álvarez.


Este programa consiste en establecer convenios con empresas e institucións da UE para facilitar formación en centros de traballo do estranxeiro. No caso destas dúas alumnas, unha fixo as prácticas nunha coñecida marca de roupa e outra nunha firma de noivas.


Ambas valoraron de maneira moi positiva a experiencia, tanto a nivel persoal como profesional, e non descartan a posibilidade de volver a Italia a traballar.


Pola súa parte, Mila González, concelleira de Educación animou a outros alumnos a que participen neste programa os vindeiros anos, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, felicitou as dúas alumnas pola actitude positiva coa que afrontaron este reto. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.