Ponteareas
Ponteareas volve suspender en transparencia municipal
ACiP asegura que o informe de Dyntra “ratifica” as súas denuncias
Dyntra (Dynamic Transparency Index) é unha plataforma colaborativa que xorde co obxectivo de medir a transparencia de distintos organismos públicos, e que ven de dar un porcentaxe de transparencia do 13,75% ao Concello de Ponteareas.
Para ACiP este dato “confirma” o que levan denunciando dende o inicio do actual mandato. O concello de Ponteareas “dista moito do que os partidos do gobernó municipal (BNG, PSOE e Riada do Tea) pregoaron na súa etapa na oposición como promesa a cumprir á súa chegada ao gobernó” sinalan.
Na súa última onda, dun total de 34 concellos analizados en Galicia por Dyntra o de Ponteareas ocupa a 25ª posición, cunha porcentaxe de transparencia de só o 13,75%, ao facer públicos unicamente 22 dos 160 indicadores que se analizan neste estudo. “É especialmente relevante e grave o escurantismo municipal en aspectos como o económico-financeiro (3,7% de transparencia), o urbanismo e as obras públicas (10%) ou a participación e colaboración cidadá (12,12%)” explican dende ACiP. Alén diso, “Ponteareas ocupa o penúltimo lugar en transparencia entre os concellos galegos analizados de máis de 20.000 habitantes”.
Abdundando nalgúns aspectos, o estudo destaca as “dificultades para acceder á sede electrónica e realizar xestións ou a non publicación da nómina do alcalde e os concelleiros, así como a dos cargos municipais; as declaracións patrimoniais do alcalde e o seu equipo ou as retribucións por asistencia a plenos, comisións e dietas de todos eles” aseguran.
“Os datos son claros e o goberno que, precisamente, facíase chamar da transparencia vai rematar o mandato nunha situación completamente oposta”, sinala o portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera quen insiste que, “no seu momento o alcalde falou dun goberno con portas de cristal; gustaríanos saber que tipo de cristal é o que usan, porque os datos aquí amosados din todo o contrario e confirman o que levamos tempo denunciando”.
“É constante a ocultación de documentación e información, así como a vulneración dos dereitos que temos os concelleiros da oposición para acceder as mesmas, que sempre nos prohiben. Levamos meses esperando a documentación sobre o funcionamento do guindastre municipal, que temos claro que non cumpre co previsto no contrato, ou o acceso ás analíticas de auga das fontes municipais, entre outros moitos exemplos de contratos e facturas sobre os que recibimos a calada por resposta, evitando un dereito que se nos recoñece por lei”.
Para Juan Carlos González Carrera, “é unha verdadeira mágoa que en cuestións como esta de transparencia municipal Ponteareas estea á cola cando, tal e como pregoaron, debería ser todo o contrario”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163