VIGO
O Concello acomete ata o 17 de febreiro o acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos
O alcalde informou dos traballos de limpeza, que se prolongarán ata o 1 de febreiro. A previsión, se o tempo o permite, é proceder co pintado das pistas do 4 ao 6 de febreiro, de tal forma que o 17 do próximo mes estean listas para ser homologadas pola Federación Española de Atletismo
Abel Caballero ofreceu o calendario dos traballos de acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos, que xa comezaron con previsión de ter finalizadas as obras o 17 de febreiro. A partir de entón, a Real Federación Española de Atletismo terá que homologar as pistas por acoller "alta competición", anotou o alcalde.
A este respecto, Abel Caballero recordou que as pistas de atletismo de Balaídos son "instalacións supramunicipais", empregadas por deportistas de toda a área de Vigo. "Tería que ser a Xunta, polo seu carácter supramunicipal, a responsable das instalacións e do seu mantemento", aseverou o alcalde, "pero como non o fai a Xunta, faino a cidade".
No seu "aviso a navegantes", Caballero preguntouse "quen paga as pistas de alto rendemento de Pontevedra", pois as pistas de Balaídos "son de Vigo, as paga Vigo e están a utilizalas atletas de todo o territorio, porque a Xunta fai deixamento da súa responsabilidade e da súa obrigación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217