PROVINCIA
O Brexit ou o emprego de medicamentos, entre os retos inminentes do sector porcino que se debatirán en Cimag-GandAgro
A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, a cal se celebrará do 21 ao 23 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, converterase nun espazo de análise da actualidade do sector agropecuario.
Será a través do seu programa de xornadas técnicas, no cal destacará o XXIII Monográfico de Gando Porcino, organizado pola ADS de Gando Porcino de Silleda. No seu marco abordaranse os retos inminentes para este sector, entre eles o Brexit, o uso de determinados medicamentos na porcinocultura, o raboteo (que os animais se mordan o rabo uns a outros) ou a incidencia da Peste Porcina Africana (PPA).
Estes aspectos analizaranse nun relatorio patrocinado por Boehringer Ingelheim e impartido por Antonio Palomo Yagüe, director técnico de porcino de SETNA Nutrición – ADM.
Previamente a esta intervención e a unha pausa-café patrocinada polos laboratorios Karizoo, Cenavisa e Silvet, o monográfico centrarase nas porcas nulíparas, aquelas que aínda non pariron nunca.
Así, José Antonio Crespo Villarejo, responsable de nutrición porcina de Qualivet, falará dos aspectos máis importantes na súa alimentación. Pola súa banda, Juan Hernández García, veterinario especialista en porcino en Thinkinpig e diplomado en ECPHM en manexo sanitario porcino, informará de “como adaptarse a adaptar” a estas porcas. Ambos relatorios estarán patrocinados pola firma Qualivet.
Cita de referencia para o sector
Este monográfico, que se celebrará o venres 22 de febreiro, segundo día da feira, convértese en cada unha das súas edicións en cita de referencia para o sector porcino, reunindo a centos de asistentes que queren coñecer a actualidade deste ámbito. Nesta ocasión volverá a constituír un foro indispensable tanto para os porcinocultores como para outros profesionais vencellados coa cría destes animais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58