Galicia
A II Gala dos Medios en Galego pon en valor o uso da nosa lingua
O acto, organizado pola AMEGA, conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía, no Pazo da Cultura pontevedrés, na II Gala organizada pola AMEGA (Asociación de Medios en Galego) con motivo do Día dos Medios en Galego, que conta co apoio da Secretaría Xerla de Política Lingüística.
Valentín García lembrou na súa intervención que “houbo un momento en que mesmo os galegofalantes mostraban pouca disposición e alegaban dificultades para ler o xornal en galego, unha lingua na que non foran alfabetizados”. En cambio, o secretario xeral considerou que “hoxe en día, coa xeración mellor formada da historia no idioma propio de Galicia, estamos ante outro tempo novo cheo de oportunidades para espallarse e medrar, para informar en galego do máis afastado tan ben como calquera outro medio do mundo e, do máis próximo, como ninguén”.
A gala, conducida por Mónica Martínez, contou coas actuacións do humorista Xosé Antonio Touriñán e da cantante Ugia Pedreira. Os obxectivos do encontro organizado pola AMEGA son anunciar e chamar a atención sobre o Día dos Medios en Galego, para difundir así o coñecemento d’O Tío Marcos como iniciativa pioneira e innovadora pola temática, polo uso do humor e polos xeitos de distribución. Ademais, pretende visibilizar os actuais medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade próxima, así como animar os restantes a empregaren máis o noso idioma propio. A data escollida para a conmemoración, o 7 de febreiro, é a da saída á rúa, en 1876, do primeiro xornal integramente escrito na lingua propia de Galicia: O Tío Marcos d’A Portela.
Apoio ao galego nos medios
A Xunta de Galicia, ademais de desenvolver campañas institucionais nos medios que empregan o galego como único idioma de comunicación, ten unha liña de subvencións exclusiva para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente nesta lingua. Estas poden beneficiarse, ademais, das axudas xerais para empresas xornalísticas e de radiodifusión que contribúan á normalización do idioma e da cultura de Galicia. A Secretaría Xeral de Medios publica anualmente diferentes convocatorias pertencentes a ambas as liñas de subvencións, das que se benefician arredor de 20 medios que empregan o galego de maneira exclusiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20