Provincia
Deputación asigna máis de 400.000 euros para obras na Guarda, Cambados, Moaña, Tui e Lalín
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos investimentos nun total de cinco municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de cinco partidas por un total de 415.257,57 euros para diversas actuacións en A Guarda, Cambados, Moaña, Tui e Lalín.
Para A Guarda, o goberno provincial deulle o visto bo a unha partida de 82.781,33€ para financiar a urbanización da baixada a San Caetano entre o nº 12 e o nº36. A través do Plan Concellos, A Guarda ten este ano a súa disposición 808.965,46 euros, un 2,94% máis que o no exercicio anterior.
No caso de Cambados, o goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha achega de 74.433,85 euros para financiar a pavimentación de beirarrúas e zonas de estacionamento na rúa Sevilla. Este ano, a través do Plan Concellos, Cambados ten a súa disposición 978.374,84 euros, un 2,84% máis que o ano pasado.
Para Moaña, o Goberno provincial autorizou un investimento de 89.899,99 euros para financiar o plan de asfaltados municipais do 2019. En total, a través do Plan Concellos, a institución provincial pon a disposición de Moaña este ano un total de 1.019.967,75 euros, un 2,9% máis que no exercicio anterior.
No que respecta a Tui, a Deputación de Pontevedra deulle o visto bo a unha partida económica de 74.972,40 euros destinados ao convenio de colaboración entre a institución provincial e o concello de Tui para a execución do proxecto de mellora da seguridade viaria no núcleo Torre-Paramos, actuación que tamén está financiada co plan DepoRemse da Deputación. Este ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva destina a Tui 1.063.437,44 euros, un 3,25% máis que no exercicio do ano pasado.
Finalmente para Lalín, a institución provincial tamén lle deu o visto bo a unha partida económica de 93.170 euros adquirir o equipamento necesario para a exposición permanente do Museo Galego das Marionetas. Este ano, a través do Plan Provincial, a Deputación de Pontevedra destina a Lalín 1.602.560,57 euros, un 4,36% máis que no exercicio anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58