Martes, 24 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 04 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán 21 accións formativas para emprendedores

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de febreiro un total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

 

As quendas para o mes de febreiro na oficina de Vigo comezan o martes, 5 de febreiro, ás 19 horas con “Que é a publicidade nativa e porque debería empregala”. A seguinte acción será “Pasarelas de pago para o comercio electrónico”, o martes 12, tamén ás 19 horas. O curso “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet” chegará a Vigo o xoves 14 ás 18 horas. O martes 19,ás 19 horas, impartirase “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”. O xoves desa mesma semana á mesma hora será a quenda de “Fotografía os teus produtos e servizos para as redes sociais”. A quenda de “As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos” chegará o martes 26 de febreiro ás 17 horas. E, para rematar, “Emprego de 3D en vídeos corporativos ou promocionais” terá lugar o xoves 28 ás 19 horas. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

 

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “Google Calendar, moito máis que unha axenda”, o martes 5 de febreiro, ás 19 horas. O xoves 7, ás 17 horas, terá lugar “Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos”. O martes da seguinte semana, ás 18 horas, impartirase “Crea unha páxina profesional con WordPress”. A seguinte será “Como promocionar o teu propio evento en redes sociais”, o xoves 14 ás 19 horas. A quenda de “Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero” será o martes 19 de febreiro, ás 19 horas. Por outra banda, o xoves desa mesma semana á mesma hora, terá lugar o obradoiro “Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas”. E, xa por último, o xoves 28, tamén ás 19 horas, “Plugins de WordPress para mellorar a túa web” será  a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

 

Por último a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o xoves 7 de febreiro, ás 19 horas, co curso “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”. “Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos” chegará o martes 12 ás 17 horas. O xoves desa mesma semana, ás 19 horas, impartirase “Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero”. A acción “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet” terá lugar o martes 19 ás 18 horas. O xoves 21 de febreiro, ás 19 horas, chega “Chatbots: A automatización da atención á clientela”. O martes 26, tamén ás 19 horas, impartirase o curso “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais”. E, por último, o xoves desa mesma semana, ás 19 horas, terá lugar “Como promocionar o teu propio evento en redes sociais”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.