Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño remata a construción de 27km de sendeiros fluviais

O tramo Salvaterra – Tui (Río Caselas) será inaugurado o próximo 9 de febreiro con saída do Parque da Canuda ás 9.30

O Concello de Salvaterra de Miño terminou a construción de 27km de sendeiros fluviais polos Ríos Miño, Tea, Mendo e Caselas  e acaba de elaborar un folleto que unifica todas as rutas que hai e que todos poden disfrutar, xa que a aposta deste Concello é coidar e potenciar o seu medioambiente, acercándoo a poboación, temos que aprender a vivir e a respectar o que temos, e como non, polo en valor,  e se a iso lle engadimos a potenciación dunha vida san a través do deporte créases unha mestura única.


Nestes últimos meses o Concello estivo traballando na última senda que se incorpora a este conxunto de roteiros, a Senda do Río Miño, que une Salvaterra a Tui – Río Caselas a través de 7,5km e que nos achega a un paisaxe especial e moi singular, e que ademais permitiranos, nun futuro,  unir a través de sendas as dúas Eurocidades, Monçao – Salvaterra e Valença – Tui, e que así suman xa máis de 27km de sendeiros polos ribeiras dos noso ríos. Este tramo  será inaugurado o próximo 9 de febreiro con saída do Parque da Canuda ás 9.30, todos os que queiran participar terán que inscribirse no 986 658 126 ou no correo info@concellodesalvaterra.org

 

Seis alternativas, o Sendeiro Municipal do Río Miño, o Sendeiro do Río Uma, o do Caselas, o Sendeiro Municipal Circular de Salvaterra de Miño (con dúas alternativas), o Sendeiro Municipal do Río Mendo e o Sendeiro Municipal do Río Tea, que nos permitirán coñecer o entorno e descubrir diferentes puntos de interese, informándonos tamén  das especies que nos podemos encontrar, as árbores e as aves da nosa zona.


Estas rutas están colgadas en Wikilooc, os QR levarannos ao track da ruta, onde todos aqueles que queiran disfrutar con nos do entorno dos nosos Ríos poderán encontrar toda a información detallada  destas rutas, que contan cun gran interese medioambiental e con  lugares cunha beleza única.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.