GALICIA
Política Social impulsa a creación de 15 novas "Casas Niño"
Sete delas serán na provincia da Coruña, cinco na de Ourense e tres na de Lugo
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da última convocatoria de axudas para a creación de 15 novas Casas Niño noutros tantos concellos rurais de menos de 5000 habitantes. Fíxoo durante a súa visita ao centro do concello ourensán da Veiga.
Fabiola García salientou que a apertura destas casas niño, gratuítas para as familias, elevan ata as 305 as prazas públicas para nenas e nenos de 0 a 3 anos repartidas por toda a xeografía galega nun total de 61 casas. Máis da metade delas, 32, están na provincia de Ourense. Das 15 que se van a poñer en marcha este ano, 7 farano na provincia da Coruña, 5 na de Ourense e 3 na de Lugo.
Ademais, ante o éxito deste recurso de conciliación, a conselleira asegurou que a Xunta de Galicia xa traballa na que será a cuarta convocatoria deste programa, á que se poderán presentar 36 concellos e que se prevé que saia adiante durante o primeiro semestre deste ano. Esta nova orde de axudas para abrir Casas Niño terá un orzamento de 1,2 millóns de euros, dos cales 225.000 euros se destinarán a subvencionar o investimento necesario para adecuar a vivenda, e os 980.000 euros restantes para sufragar o desenvolvemento do proxecto.
Con esta futura liña de financiamento espérase financiar outros 15 centros, de xeito que Galicia poderá acabar a presente lexislatura con 76 Casas Niño, é dicir, 380 prazas públicas para nenas e nenos de 0 a 3 anos no rural galego.
Casas do Maior
Fabiola García recordou que este non é o único servizo que a Xunta de Galicia pon a disposición das familias para favorecer a conciliación da súa vida profesional coa persoal. Así, a conselleira apuntou tamén que se acaban de resolver as axudas para a creación das primeiras 30 Casas do Maior que se instalarán en 25 concellos de menos de 5000 habitantes.
Neste sentido, destacou que A Veiga será un dos concellos que contará con este novo recurso que atenderá a persoas de máis de 60 anos con dependencia moderada ou severa. Polo tanto, este concello ourensán será un dos que poderá contar cunha Casa Niño e cunha Casa do Maior a partir deste mesmo ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49