Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 08 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O Pleno do Concello das Neves deu o visto bo á modificación puntual do PXOM

Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandonado.

 

A decisión, subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “permitirá, entre outros proxectos, a conversión do cuartel en residencia para maiores”.

 

A modificación puntual do planeamento urbanístico neste zona urbana das Neves "servirá para, garantir a preservación do patrimonio cultural, nomeadamente no referido á edificación da antiga casa cuartel da Garda Civil, incluída no catálogo do PXOM (E 1202), e ao BIC que na mesma se integra, adecuando o seu réxime de protección á vixente Lei de Patrimonio Cultural de conformidade co recollido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio en 2017"  explican.

 

Tamén, completará a estrutura do núcleo urbano das Neves procurando a través da ordenación deste ámbito a acaída articulación, funcional e formal dos desenvolvementos das últimas décadas coa vila tradicional, partindo do espazo público como principal elemento de integración.

 

Ao tempo, garantirase a conservación da pequena fraga existente no ámbito facendo compatible o seu uso para o lecer cidadán como zona verde pública coa preservación do seu valor natural e paisaxístico e reducirase a pegada da ordenación minimizando a artificialización de solos e os movementos de terras.

 

Está modificación do PXOM tamén vai permitir dotar ao núcleo urbano das Neves dunha residencia de maiores dando así resposta as necesidades da poboación e fomentando o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.