Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 04 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos conmemora o Día Mundial contra o cancro

AECC Mos conmemora o Día Mundial contra esta enfermidade no Centro de Saúde do Rebullón cunha exposición e reparto, entre a veciñanza mosense, de información sobre a Asociación

Hoxe luns, día 4 de febreiro, celébrase o Día Mundial contra o Cancro, por iso a directiva da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Xunta Local de Mos, encabezada pola súa presidenta, Magdalena Domínguez Castro, organizou ao longo desta mañá unha exposición na entrada do Centro de Saúde do Rebullón. Durante a xornada matinal repartiron tamén, entre os veciños e veciñas mosenses que asistiron a consulta ao seu médico de familia, información sobre o funcionamento da Asociación.


Os membros de AECC Mos estiveron acompañados hoxe no Centro de Saúde de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e pola concelleira mosense de Benestar Social, Sara Cebreiro. Dende a Xunta Local de Mos da AECC aproveitaron este acto simbólico para convidar a todos e a todos/as os e as mosenses a participar e sumarse á loita contra o cancro.


Pola súa banda o Concello de Mos está presente respaldando a AECC Mos, e coma sempre súmase a iniciativas deste tipo e apoia tódolos actos organizados por esta entidade. Neste caso, durante todo o presente mes de febreiro, a fachada da Casa Consistorial, en Petelos, permanecerá iluminada pola noite de cor verde, a cor conmemorativa do Día Mundial contra o Cancro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.