O PORRIÑO
O BNG reclama máis investimentos para O Porriño nos orzamentos xerais do Estado
Presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno na que denuncia que "Pedro Sánchez afonda na discriminación de Galiza que iniciou o PP de Rajoy"
"Os Orzamentos Xerais do Estado presentados polo goberno de Pedro Sánchez son decepcionantes e discriminatorios con Galiza, especialmente para O Porriño" explican dnde o BNG , xa que "non existe ningunha partida para a eliminación do paso a nivel, unha obra de urxente necesidade e que a alcaldesa do PSOE, Eva García, prometeu obter do seu goberno amigo”.
A realidade , para o BNG, é que "o proxecto de OXE presentado polo executivo de Sánchez segue a tendencia recortadora de Rajoy e mingúan un 19,2 por cento con respecto ao ano pasado, que foran xa conxelados con respecto ao ano anterior. O investimento previsto para Galiza é de só 757 millóns, e o peso do noso país no conxunto do Estado redúcese en tres puntos".
"Galiza segue a pagar inxustamente a política de recortes. E O Porriño especialmente, xa que neste proxecto non se contempla nin un só euro para a saída sur da alta velocidade ferroviaria, o chanzo imprescindible para eliminar dunha vez por todas o paso a nivel do centro do Porriño" explican.
"A sociedade galega precisa que se active politicamente canto antes o debate e o traballo ao redor dunha axenda galega de grandes temas. Galiza precisa unha resposta á altura das circunstancias históricas e por iso desde o BNG demandamos grandes acordos de país na defensa dos intereses da sociedade galega".
Xa que logo, presentanunha moción para ser debatida en todos os concellos galegos na que se pide o apoio unánime das corporacións ás demandas do pobo galego. As mocións estrutúranse en tres puntos básicos, nos que, en resumo, se rexeita o proxecto actual do Goberno e se insta “aos e ás representantes elixidas por circunscricións galegas que formulen emenda á totalidade a este proxecto de orzamentos e establezan unha negociación co goberno do estado que incorpore, como mínimo, un investimento semellante aos investimentos de 2009”, cando, estando o BNG presente nas negociacións, Galiza acadou investimentos por riba dos 2.000 millóns de euros.
Na moción preséntase unha listaxe de prioridades en infraestruturas e servizos para toda Galiza. No que atinxe aos veciños do Porriño céntranse en que se finalice o trazado do Eixo Atlántico (nomeadamente A Coruña- Ferrol, saída sur de Vigo para conexión coa alta velocidade portuguesa) coa eliminación do paso a nivel do Porriño; e se proxecte a conexión dos polígonos de Torneiros coa autovía A-55.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11