Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Domingo, 10 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP reclama unha modificación orzamentaria para construír e rehabilitar centros culturais

Presentou unha moción, no próximo pleno extraordinario, para investir en centros en Pías, Ribadetea, Padróns e Paredes

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción, para ser tratada no próximo pleno extraordinario que se celebrará o 18 de febreiro ás 20:00 horas, co obxectivo de que o Concello invista en centros culturais de diferentes parroquias.


Así, insta ao alcalde e ao seu Goberno municipal a facer modificacións orzamentarias de diversas cantidades. Unha de 150.000 euros para o inicio da rehabilitación da casa adquirida cun préstamo a oito anos da Xunta na parroquia de Pías. Outra de 150.000 euros para o remate do Centro Cultural de Ribadetea, así como outra de 50.000 euros para a reparación da cuberta do Centro Cultural do Coto en Padróns e outra de 150.000 euros para a construción dun novo Centro Cultural na parroquia de Paredes.


Na prórroga do Orzamento Xeral municipal do 2018 para o ano 2019 non aparece ningunha partida económica para continuar coa construción e rehabilitación de centros culturais parroquias. O PP considera que, dada a mellor situación financeira do Concello polo remate da retención do PIE por parte do Estado e polos maiores ingresos que recada dos veciños, pode permitirse continuar financiando obras de mellora e construción de centros culturais. Ademáis hai que engadir que o Plan Concellos da Deputación provincial aporta a Ponteareas máis de 2,3 millóns de euros.

 

 

 

 

Na prórroga do orzamento municipal non aparece ningunha partida económica para esta fin

 

 

 


Durante este mandato, o Goberno non inaugurou nin un só centro cultural a diferencia do que se viña facendo nos gobernos anteriores. De feito, o PP investiu máis de 6,8 millóns nestas infraestruturas, construíndo e amoblando, por exemplo o de Arcos, o de Fozara, Guillade, Moreira, San Mateo, Bugarín, Cumiar, Guláns ou Ribadetea, entre outras inversións.


Por todo isto, o Partido Popular agarda que o alcalde e o seu equipo de goberno se impliquen nesta necesidade e dean resposta, dunha vez, ás necesidades dos veciños das parroquias de Ponteareas. Xa non sirve agocharse baixo a escusa da falta de cartos posto que poden facerse modificacións orzamentarias e hai cartos da Deputación que poden ser empregados para esta fin.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.