Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 08 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Deputación destina a Baiona unha nova achega por máis de 42.000 euros

Con este investimento, o goberno de Carmela Silva financiará o proxecto de acondicionamento do paseo fluvial sobre o río Baíña

O deputado de Cooperación Carlos Font informou  da aprobación, mediante unha resolución presidencial, dun novo investimento a Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un total de 42.130,84 euros. Trátase dunha axuda que se destinará ao proxecto de acondicionamento do paseo fluvial sobre o río Baíña. Este ano o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Baiona a través do Plan Concellos 2019 un total de 951.515,33 euros, o que supón un 3,23% máis que no exercicio anterior.

 

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 661.257,28 euros, o concello de Baiona tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 84.174,83 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 206.083,22 euros da Liña 3 de emprego cos que o concello pode financiar a contratación de 21 traballadores e traballadoras para o concello.

 

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio do 2018.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.