O PORRIÑO
García de la Torre achega posturas cos organizadores da Interruning
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada de integrantes do servizo municipal de Deportes e do xefe da Policía Local, mantivo este mércores, a última hora, unha xuntanza con representantes do Club Atletismo Porriño e os organizadores da Interruning.
Nesta reunión, en primeiro lugar, expuxéronse os “malos entendidos” que puidese haber no que se refire a esta proba e tratouse o tema das condicións e infraestruturas precisas para a celebración do novo evento deportivo.
“Houbo un importante achegamento de posturas”, sinala Eva García de la Torre quen, logo de recoñecer e agradecer “o traballo dos representantes do Club de Atletismo Porriño”, comprometeu a “participación directa e activa do Concello na organización da proba”.
A alcaldesa salientou que “a achega económica por parte do Concello do Porriño será a necesaria para que non se rebaixe, nin nun cigallo a calidade que viñan conquerindo os anteriores organizadores”. Estes, logo de comentar as súas diverxencias, amosaron unha mellor disposición e sintonía co Concello.
García de la Torre, subliñou, por último, que “a continuidade desta cita deportiva está absolutamente garantida e, por suposto, coa mesma calidade das anteriores edicións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11